camiseta aífalaches azul AíFalaches

19,99

camiseta aí falaches

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,
Compartir

Descripción

Descripción

Camiseta AÍ FALACHES

Cando un galego che dí aí falaches, meu amigo, e que sentaches catedra Y LO SABES
Aquí estamos, para falar, compartir… Saca peito co galego

Aí falaches non é só o texto da nosa camisola, se non que tamén é o noso nome. Porque aí falamos, nas camisolas e na nosa lingua, en galego.

En galego, cando alguén leva a razón, nos forares, nas aldeas ou nas rúas pódense escoitar frases como: ten máis razón cun santo ou non lle falta razón… Pero cando a frase que di o noso interlocutor, non só leva a razón, senón que ademais é algo co que estamos completamente de acordo… entón chegou o momento. Aí é cando tes que espetar a expresión: Aí falaches! Case coa pena de non ser ti quen pronunciou tal sentenza antes.

E co galego pasa o mesmo… Non queremos ter que lamentarnos no futuro… Ter que dicirlles a outros que aí falaron, senón que queremos ser parte dos que aí falamos! E darlle ao galego o agarimo que calquera cultura merécese, e máis por ser a nosa, a dos nosos, e a que fai e permítenos ser hoxe como somos.

Así que xa o sabes, non tes que mercar a camiseta aí falaches, pero si que animámoste a sacar peito co galego e utilizar a túa lingua!

 

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

 

Información adicional

Talla

S, M, L, XL, XXL

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

También te recomendamos…