camiseta morriña cor negra AíFalaches

19,99

camiseta Morriña Negra

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,
Compartir

Descripción

Descripción

Camiseta MORRIÑA

Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define plenamente este sentimento tan noso…
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é ” modorra” 🙂

A palabra morriña é unha das máis extendidas do noso vocabulario. Ata está aceptada xa pola “Real Academia de la lengua Española”. Pero aínda hai moita xente por alá adiante que confunde a morriña con outras cousas. Por exemplo cun estado no que a persoa ten soño ou está cansada. Iso é a modorra, pero nalgúns lugares da península, utilizan morriña nese sentido.

Tamén é verdade que nalgunhas zonas do noso territorio, en Viana do Bolo ou preto dalá, utilízase a palabra morriña para describir a choiva fina e persistente. O que moitos coñecemos tamén como “orballo“. Ademais, tamén nalgunhas zonas é, como recolle a Real Academia Galega, unha capa de sucidade que se forma sobre algo debido á falta de hixiene. Aquí podedes atopar máis acepcións.

Pero no caso que estamos a falar é o de sentimento que algúns din que só pódese entender cando deixas a nosa terra. E aínda máis, como din unha letra de  Baiuca “ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar…”. Recomendámosvos seguir a este artista.

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Por certo, os galegos temos morriña, pero non somos morriñentos, que lo sepas

 

Información adicional

Talla

S, M, L, XL, XXL

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

También te recomendamos…