cunca amodiño AíFalaches

14,90

cunca amodiño

1 disponibles

Compartir

Descripción

Descripción

Cunca AMODIÑO

Como debería tomarse o caldo, o leite, o licor café, …, a vida en xeral, amodiño.

Tanto pola mañá como pola tarde ou pola noite, o día hai que tomarllo como o café con leite… amodiño.

Amodiño é forma agarimosa do adverbio “amodo“. É ese agarimo dun avó avisando á crianza: “Amodiño, vas caer”. Aínda que ás veces o “vas caer” era máis un feito acontecido que unha advertencia previa. Sexa como fóra, o avó avisaba de que facer as cousas de maneira atordada e con présas non podía traer nada bo.

E mira por onde, despois dun período no que se tendeu á sobre estimulación, esta tendencia está reculando e rescatándose antigos valores. Uns valores que estanse a presentar con adxectivos ou nomes máis modernizados… Termos como o secreto da felididad danesa, denominada ” hygge”, ou o mindfulness. Per que non son máis que a confirmación de que os nosos avós tiñan toda a razón…
Temos que vivir a vida dun xeito máis amodiño.

Isto non é doado. Non basta con tomar o café na cunca amodiño e seguir facendo vida normal. Tampouco se trata de pasar de todo e deixar de cumprir cos teus compromisos, pero se que hai que relativizar e priorizar. Darlle ás persoas e ás cousas o tempo que merecen.Ten que posuírche o espirito da vida amodiño, porque senón… vas caer!

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

 

Información adicional

Talla

S, M, L, XL, XXL

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

También te recomendamos…