sudadera con capucha chegar e encher de AíFalaches

39,99

sudadera capucha AíFalaches

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,
Compartir

Descripción

Descripción

Suadoiro CHEGAR E ENCHER

O suadoiro daqueles que só chegar e encher, e dicir ter unha sorte de moito carallo, “Llegar y besar el santo” que dirían os castelán falantes.

Imaxina que tes que ir ao centro de Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña co coche. Agora, xusto cando chegas, o coche que está aparcado diante do enderezo ao que vas, esta a saír… Eso é “Chegar e encher”. Tamén é unha expresión que din moitas nais os domingo, cando algúns dos fillos voltan a súa casa pra comer todos xuntos. Resulta que os descendentes teñen a manía de chegar cando toda tarefa está feita. A mesa posta que se din tamén… e claro, as nais soltan esta expresión, entre enfadadas pero contentas por telos en casa.

Sexa como sexa, es neste último exemplo onde atopamos un dos ámbitos por antonomasia da cultura galega, o do comer. Nesta expresión, a palabra chegar está claro que se refire á inmediatez. Pero no caso da palabra encher,no ámbito gastronómico, significa encher o bandullo. E na expresión utilízase como sinónimo de triunfar ou gañar.

É unha das tantas expresións fermosas que temos, e por iso aparece en moitios ránkings de palabras ou expresións galegas. Aquí deixámosvos un exemplo.

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Información adicional

Talla

S, M, L, XL, XXL, XXXL

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.