E que non dou aprendido, que siga eu a miña idade a meterme nestas leas, como si non tivese dabondo con tres fillos e un negocio, e que non ten perdon de Deus.
Sempre igual, sempre, e que non hai guerra a que non me aliste, ainda ben non salgo de unha e xa me estou metendo noutra. E despois claro, sempre a queixarme, a queixarme das tediosas rodaxes, de esas tardes que se fan eternas, e todo para sacar dous planos de 15 segundos, dos camaras e as súas cámaras e o efecto moaré das narices, que me parece a mín que tal efecto non existe e dino para tocarme máis o cerello, das esixencias de vestiario dos directores, e de paso das súas manías, que do seu saberán moito, que non digo eu que non, pero eu do meu tamén sei algo carallo. Sempre xurando en araméo, xurando que non me pillan noutra, ata que me propoñen un novo proxecto, e digo por qué non?, mentras a pobre de Leonor vota as máns aá cabeza.
Pois, porque nos gusta, porque nos enriquece e sobor de todo, porque polo camiño coñeces a xente marabillosa, e porque non decilo, algún que outro ego desmedido, pero de todo hai na viña do señor, e a televisión non ía ser menos.
Pero hoxe non é día de queixarse, hoxe é un día especial, hoxe Fran Canhotas, o noso Fran, o que se converteu nun máis da casa, estrea unha nova tempada do COME A COMARCA, e ven disposto a conquistar a noite dos mercores, e ahí estaremos nós para velo, para animalo, para apoialo, porque ademáis de un gran profesional, de valía sobradamente contrastada, é un bo amigo, e cos amigos, cos amigos ata o final.
Moita sorte meu, e da boa, que a outra xa ven soa.
@bicocamodahome #maisqueunhatendaunestilo